Xa nos chegou o novo dron Phantom 4 RTK, a nova cámara multiespectral Micasense Rededge MX, e a licencia do software de restitución fotogramétrica, comprados gracias á subvención do programa PEL da Diputación de Coruña.
O RTK ten un GPS moito máis preciso, polo que o seu proceso é moito máis eficiente e prodúcense ortomosaicos máis precisos e con menor erro espacial. Permite ademáis reducir ou elimina-lo uso de puntos de control en terra, incrementando así a facilidade de uso no campo e a capacidade de traballo nun día.
A cámara multiespectral permitiranos clasificar con maior precisión a vexetación, así como calcular distintos índices que se correlacionan coa fenoloxía, estado funcional e sanitario da mesma.
Tocan semanas de fedellar, estudar e probar como funcionan. Mans á obra.