Melloras no almacenamento de datos

Xa está aquí o novo servidor NAS para garantir-lo almacenamento seguro de tódolos datos de eNeBaDa…en canto o instalemos traballaremos moito mais tranquilos (a quén non lle fallou on disco duro?).

E con eles dous comodísimos monitores de 27 pulgadas…para ver con detalle os traballos co SIG

0

Un dron na oficina

Xa nos chegou o novo dron Phantom 4 RTK, a nova cámara multiespectral Micasense Rededge MX, e a licencia do software de restitución fotogramétrica, comprados gracias á subvención do programa PEL da Diputación de Coruña.

O RTK ten un GPS moito máis preciso, polo que o seu proceso é moito máis eficiente e prodúcense ortomosaicos máis precisos e con menor erro espacial. Permite ademáis reducir ou elimina-lo uso de puntos de control en terra, incrementando así a facilidade de uso no campo e a capacidade de traballo nun día.

A cámara multiespectral permitiranos clasificar con maior precisión a vexetación, así como calcular distintos índices que se correlacionan coa fenoloxía, estado funcional e sanitario da mesma.

Tocan semanas de fedellar, estudar e probar como funcionan. Mans á obra.

0